Vodafone Station permite compartir entre varios equipos conexións ADSL e 3G

martes, 3 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Vodafone estrou no mercado italiano o curioso router Vodafone Station, fabricado por Huawei, que permite compartir por Ethernet e Wi-Fi a conexión á Rede achegada mediante ADSL2+ ou banda larga móbil.
O Vodafone Station inclúe 4 portos Ethernet, toma para a liña DSL, saídas para conectar un par de terminais telefónicos e destaca por contar un espazo reservado para un modem 3G USB, que permite dotar ao dispositivo de conectividade móbil, de xeito que os usuarios que queiran conectarse dende varios ordenadores poderán empregar este router tanto no seu domicilio habitual coma noutras localizacións nas que non conten con liña fixa (de xeito que poden seguir conectando os ordenadores á Rede cando marchan de viaxe, sen ter que empregar un modem 3G en cada equipo, co conseguinte aforro en conexións).

Imaxe da parte traseira do router

A principal vantaxe deste produto é o seu doado uso, xa que practicamente funciona con só conectalo. Aínda non se sabe se este produto chegará ao mercado español, pero é de agardar que se comercialice en toda Europa da man de Vodafone.


Imaxes de Vodafone Station na súa presentación en Italia

PUBLICIDADE