Vodafone Smart Tab Prime, unha tableta deseñada para un uso en mobilidade

xoves, 7 de maio do 2015 Marcus Fernández

Este mes Vodafone incorporará ao seu catálogo de dispositivos unha nova tableta con Android 5.0.1, conectividade 4G e pantalla de 9,6 polgadas, a Vodafone Smart Tab Prime, que supón un incremento do tamaño de pantalla fronte a anteriores tabletas comercializadas baixo a marca Vodafone.
Estamos ante unha tableta fabricada por Alcatel, que goza dunha pantalla IPS de 9,6 polgadas cunha resolución de 1.280 x 960 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 410 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 GB), cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1, micro USB 2.0, banda larga móbil (GPRS/EDGE/4G a até 150 Mbps) e batería de 4.600 mAh, que ten un grosor de só 7,9 milímetros e un peso de 406 gramos, converténdose nun produto claramente dirixido para o seu uso en mobilidade.
Espérase que o seu prezo libre sen permanencia sexa de 259 euros, aínda que tamén pode adquirirse con contrato en combinación con distintas tarifas de Internet móbil que suporía un aforro de até 187 euros.

A nova tableta de Vodafone está fabricada por Alcatel en vez de Lenovo, como era habitual nesta liña de produtos

PUBLICIDADE