Vodafone Smart Speed 6, un novo teléfono económico que tira proveito do 4G
luns, 31 de agosto do 2015
Vodafone
España anuncia o lanzamento do Vodafone Smart Speed 6, o novo smartphone da
familia Vodafone Smart con pantalla de 4,5 polgadas, 4G a 150Mbps,
e Android 5.0, pensado para todos aqueles usuarios que queiran gozar
da mellor conexión 4G a un prezo reducido.
O Vodafone Smart Speed 6 conta cunha pantalla de inicio sinxela e
visualmente atractiva, cunha diagonal de 4,5 polgadas, unha resolución de 854 s
480 pÃxeles, acceso ás funcionalidades máis solicitadas e un deseño intuitivo.
Foi fabricado por Alcatel e xa está dispoñible por 0 euros con
calquera plan Red ou Vodafone One (podendo adquirirse sen
compromiso de permanencia por 99 euros) co obxectivo de popularizar a
banda ancha ultrarrápida 4G.
Este novo smartphone incorpora unha cámara traseira de 5 MpÃxeles e unha cámara
frontal de 2 MpÃxeles. Igualmente conta con 8 GB de memoria interna (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 32 GB), 1 GB de memoria RAM e
un procesador MTK6735M de Mediatek de catro núcleos a 1.1 GHz. A
baterÃa extraÃble do terminal é de 1.780 mAh.
Para que os usuarios poidan gozar dos mellores servizos que ofrece Vodafone,
o novo Vodafone Smart Speed 6 é compatible con Call+, Backup+ en Dropbox, Secure
Net e Voz HD. Ademais, os usuarios que o adquiran xunto coas tarifas Red,
poderán gozar sen custo de Napster durante 3 meses ou 2 anos.