Vitae colaborará coa UNIR para as prácticas do seu Máster de RRHH
mércores, 4 de decembro do 2024
A consultora tecnolóxica Vitae, referente galego da formación tecnolóxica avanzada, vai colaborar coa universidade online UNIR (Universidad Internacional de La Rioja) no programa de prácticas do seu Máster en Recursos Humanos, co obxectivo de complementar a formación dos seus estudantes proporcionando unha aprendizaxe de ferramentas profesionais utilizadas acotío na área de xestión de persoas en empresas e organizacións (RRHH), un ámbito de actividade no que Vitae constitúe un modelo formativo, poñendo o foco na xestión eficente e eficaz.
A colaboración consiste no desenvolvemento dun reto profesional real proporcionado por Vitae aos estudantes das prácticas do Máster de RRHH da UNIR, este desafío consiste na elaboración dun assessment center ou centro de avaliación para Xefes de Proxecto TI, tanto para Tech Leaders (TL) como para Product Owners (PO)
Elaboraranse mapas de competencias por cada posto, condutas claves por cada competencia, preguntas por cada conduta clave e paneis de valoración con ancoraxes condutuais, ademais de deseñarse entrevistas condutuais estruturadas (ECE) e entrevistas estruturadas convencionais (ECO), ademais de mostras de traballo e probas condutuais.
“É un privilexio para Vitae ser seleccionado pola UNIR e poder colaborar con esta Universidade do prestixio e poder acompañar na aprendizaxe dos futuros profesionais da área de RRHH”, explican dende a consultora tecnolóxica galega a propósito deste acordo de colaboración coa UNIR.