Viñetas desde o Atlántico amosará a relación entre banda deseñada e videoxogos
martes, 13 de agosto do 2024
Esta semana a cidade da Coruña celebra a XXVII edición do festival Viñetas desde o Atlántico, cunha grande diversidade de actividades entre as que podemos destacar a visualización da relación entre os videoxogos e a banda deseñada.
Unha destas actividades serÃa un faladoiro sobre A influencia do cómic nos videoxogos: a conexión Kentaro Miura e Hidetaka Miyazaki, que terá lugar o xoves ás 20:00 no Quiosco Alfonso, e no que Adrián Suárez Mouriño falará sobre a influencia de distintos autores de banda deseñada no mundo dos videoxogos, con especial detalle á inspiración do xogos de Hidetaka Miyazaki na obra de Kentaro Miura, Bersek.
O sábado tamén terá lugar un faladoiro de Iago Gordillo, quen na canle de YouTube Recuncho Gamer amosará a visión dos videoxogos de Akira Toriyama (creador de As Bólas Máxicas e do deseño dunha chea de videoxogos xaponeses). Esta actividade terá lugar ás 11:00, aÃnda que non será a única sobre a materia, xa que ás 17:00 celebrarase unha sesión de videoxogos ambientados en cómic e manga, abertos ao público durante un par de horas.