ViewSonic presentará novos produtos no Mobile World Congress
venres, 11 de febreiro do 2011
ViewSonic
anunciou
un novo teléfono móbil co sistema operativo Android do dobre SIM e un tablet
con pantalla de 10 polgadas, que poderán verse a vindeira semana no Mobile
World Congress de Barcelona.
O ViewSonic V350 conta cunha pantalla de 3,5 polgadas, funciona co sistema
operativo Android 2.2 e coa súa capacidade dual SIM pode operar con dúas redes
de telefonÃa simultaneamente, o que resulta especialmente atractivo para
usuarios que queren empregar nun mesmo terminal as súa liña de voz persoal e a
profesional. Tamén conta con cámara de 5 MpÃxeles, Wi-Fi, Bluetooth 2.1 e
A-GPS.
O ViewPad 10Pro é un dos tablets deste mesmo fabricante, que incrementa o seu
tamaño de pantalla ata as 10 polgadas (cunha resolucÃón de 1.024 x 600 pÃxeles),
que sorprende por contar coa capacidade de arranque dual, de xeito que podemos
elixir se operalo con Windows 7 Professional ou Android 2.2. Tamén conta con
3G, Wi-Fi, Bluetooth e unha baterÃa cunha autonomÃa dunhas 6 horas.