Artigos desta sección
O Trivial Pursuit volve apostando polo xogo en liña
As consolas Xbox One, Xbox Series X|S, PS4, PS5 e Nintendo Switch e o servizo Stadia reciben hoxe o xogo Trivial Pursuit Live! 2, que adapta o formato do clásico xogo de mesa de preguntas repartidas en categorÃas que hai que dominar gañando cadanseu queixiño.
Ler máisGTA V e GTA Online por fin teñen versións para as consolas de nova xeración
Os posuidores dunha consola PlayStation 5 ou Xbox Series X|S dan hoxe a benvida de novo a Grand Theft Auto V e GTA Online, xogos que veñen de adaptarse ás máquinas de nova xeración con numerosas melloras e actualizacións tanto para novos xogadores como para veteranos, convidándoos aos explorar Los Santos e o condado de Blaine co meirande nivel de detalle da (...)
Ler máisO filme MalnaZidos estréase acompañado por un videoxogo oficial
Coincidindo coa chega aos cines do filme MalnaZidos estréase o seu videoxogo oficial tanto para PlayStation 4 (compatible con PS5) como para PC (Steam) a un prezo de 19,99 euros, deixando claro dende o primeiro momento que estamos ante un tÃtulo moi modesto dentro do xénero de terro e (...)
Ler máisA arte nos videoxogos estará presente no Salón do Libro de Pontevedra
A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia volve un ano máis ser un dos protagonistas do Salón do Libro de Pontevedra, un dos máis premiados e eloxiados eventos culturais para o público infantil e xuvenil do paÃs. Desta volta a fundación volve contar cun espazo privilexiado dentro de todo o conxunto que é o Salón, cun programa enorme, que se move entre o ocio, a (...)
Ler máisUnha colección recuperará os videoxogos clásicos das Tartarugas Mutantes
Os xogos clásicos da Tartarugas Mutantes van volver no presente ano en formato fÃsico e dixital nunha compilación elaborada por Konami titulada Teenage Mutant Ninja Turtles: The Cowabunga Collection, que incluirá xogos para máquinas de 8 e 16 bits, asà como máquinas recreativas, e que poderán gozarse en PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S, Nintendo Switch e PC (...)
Ler máisGotham Knights chegará finalmente en outubro
Warner Bros. Games tiña previsto lanzar o xogo Gotham Knights para o pasado verán, pero a complicada situación dos pasados anos forzou a adiar o lanzamento do xogo para o presente ano e, finalmente, detallan que a súa data de lanzamento oficial será o 25 de outubro.
Ler máisTerbutalina acompañan dun videoxogo o arrinque da súa nova xira en Santiago
A banda punk-rock de Esteiro (Muros) Terbutalina vén este marzo con importantes novidades. Por unha banda, arrincan unha xira por Galicia e España que ten a súa primeira parada na Sala Capitol de Santiago, o 19 de marzo, que contará coa presenza doutra banda do mesmo concello muradán a xeito de grupo convidado: The Rapants. Trátase da xira Costa abaixo (Nada (...)
Ler máisThe Battle Inside replica a loita contra a leucemia en Doom Eternal
A Fundación CRIS contra o cancro vén de crear un mod para o xogo Doom Eternal titulado The Battle Inside que emula como é a loita do corpo contra a leucemia dende dentro, de xeito que o xogador ten que rematar cos diferentes atacantes para enfrontarse á enfermidade nunha batalla (...)
Ler máisResident Evil 2, 3 e 7 adáptanse a consolas de nova xeración
Capcom anunciou que este ano poderemos gozar de tres entregas da serie Resident Evil adaptadas a PlayStation 5 e Xbox Series X|S, de xeito que estes xogos poderanse gozar cuns gráficos cun grande nivel de detalle, tecnoloxÃa de trazado de raios, alta velocidade de fotogramas e incluso son tridimensional, permitindo asà gozar destes tÃtulos como se fosen (...)
Ler máisOs Gardiáns da Galaxia chegan a Xbox Game Pass
Os subscritores de Xbox Game Pass están de parabéns, non só pola chegada do Microsoft Flight Simulator no modo de xogo na nube, senón tamén polo anuncio dos tÃtulos que o servizo incorpora no mes de marzo, entre os que destaca moi especialmente Marvel’s Guardians of the Galaxy, que chegará o dÃa 10 e que para moitos está considerado como a meirande sorpresa do (...)
Ler máis0 | ... | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | ... | 6270