Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Altia e a Zona Franca de Vigo invisten en Docuten

        A Zona Franca de Vigo, a través de Vigo Activo Sociedade de Capital Risco, e Altia investiron (...)

        Vitae mergúllanos cun novo curso na realidade presente e futura da Intelixencia Artificial e a Computación (...)

      • Vitae achega en xullo a nova edición do seu curso de avaliación de perfís TI

        Aldaba doa equipos informáticos á poboación ucraína refuxiada en Galicia

        Vitae e Javier Garzás imparten a sexta edición do curso de axilidade avanzada para profesionais (...)

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • 20 anosinformando
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

Artigos desta sección

Os bicos entre mozos provocan críticas ó xogo máis polémico do ano

O xogo Grand Theft Auto: San Andreas tivera moitos problemas na súa comercialización por mor da aparición dunha modificación do mesmo coñecida coma Hot Coffee que permitía amosar escenas de sexo agochadas no videoxogo que forzou a recualificación do xogo como para maiores de idade, pero agora están a intentar que pase o mesmo co novo xogo de Take-Two (...)

Ler máis

Naruto terá videoxogo para PS2 en breve

O éxito acadado por Dragonball naceu no manga, seguiu nunha serie de televisión que arrasou globalmente (e que na TVG tamén tivo un éxito sen precedentes) e logo continuou con varios xogos para as distintas consolas do mercado (de xeito que aínda están a aparecer títulos para PS2 e PSP pese a que a serie xa rematou hai anos) e na mesma liña parece querer (...)

Ler máis

Un truco permite descargar contidos estranxeiros dende a Xbox 360

As consolas de videoxogos veñen empregando restricións xeográficas nos últimos anos de xeito que non se poidan empregar os xogos dun continente en outro, para evitar a importación e exportación dos mesmos (dado que hai distintos prazos de lanzamento dos títulos nos distintos mercados). A Xbox 360 leva este tipo de limitacións á Internet, de xeito que o seu (...)

Ler máis

¿Paga a pena que os xogos para as novas consolas procesen as imaxes a 1.080 liñas en progresivo?

¿A máis definición máis calidade de imaxe? Calquera que compare dúas cámaras dixitais pode asegurar que unha boa cámara pouco ten que ver coa cantidade de megapíxeles na que capture as instantáneas, pero parece que queren dar a entender que iso non acontece co vídeo ou cos videoxogos, o que leva a expertos coma Bruce Dawnson a afirmar que as altas resolucións que (...)

Ler máis

Unha chea de xogos acompañarán á PS3 no seu lanzamento

A poucos días da chegada da PS3 ó mercado, dende Sony amosan a aparencia externa da súa caixa (que non será a que se veu nas feiras informáticas nas que apareceron unidades de proba da nova consola), aínda que o público está máis interesado pola listaxe de xogos que estarán dispoñibles dende o primeiro día, que sorprende por ser moi completa.Deste xeito SCEA (...)

Ler máis

Monza acolle a grande final dos World Cyber Games 2006

As olimpíadas dos videoxogos son un evento itinerante que este ano se celebra en Monza (Italia) e que comezou cunha impresionante festa de celebración no popular estadio de Fórmula 1, que continúa con 4 días de xogos, nos que unha selección de expertos xogadores de todo o mundo se enfrontan por equipos para ver cales son os mellores xogadores do munod.Os (...)

Ler máis

Canis Canem Edit (Bully) recibe unha moi boa acollida nos EE.UU.

O xogo coñecido coma Bully, e que en Europa se coñecerá coma Canis Canem Edit, tras mais dun ano de denuncias de asociacións de pais pola súa violencia (cando do xogo só se coñecía a súa sinopse) chegou ós EE.UU. cunha aceptación boísima por parte do público e da crítica, que lle valeu unha cualificación dun 10 sobre 10 por parte de 1UP, un 4,5 sobre 5 por parte de (...)

Ler máis

Os tempos de carga dos xogos PSP medran esaxeradamente

Moita xente sostén de xeito pesimista que non hai nada mellor para acelerar a chegada dun autobús á súa parada que prender un pitillo mentres se agarda, pero se isto o queremos aplicar ós xogos para móbiles e consolas portátiles, veremos como o seu uso para encher baleiros no noso tempo cada día é máis complicado, converténdose en dispositivos para o seu uso (...)

Ler máis

A consola portátil GP2X vende unhas 50.000 unidades en Europa

O fabricante coreano Game Park lanzou hai uns meses unha consola portátil que tomaría o relevo da súa GP32, e que, en vez de basearse na venda de xogos comerciais, tería como soporte á comunidade de usuario cun desenvolvemento aberto baseado no sistema operativo Linux.A GP2X incorpora un procesador de dobre núcleo ARM920T e ARM940T a 200 MHz, con aceleración (...)

Ler máis

Kinetic Combat: aprender e practicar Kung Fu dende a PS2

O vindeiro 8 de novembro chegará ás tendas españolas un novo xogo para PlayStation 2 baseado na popular cámara Eye Toy e que permitirá ós seus usuarios adestrarse para o combate e facer exercicio mentres se divirten.Kinetic Combat é así unha curiosa oferta para os xogadores que queiran exercitarse fronte o seu televisor (aprendendo de paso técnicas de Kung Fu), (...)

Ler máis

0 | ... | 6160 | 6170 | 6180 | 6190 | 6200 | 6210 | 6220 | 6230 | 6240 | 6250

Dinahosting hospeda este espazo web

















Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· A directora da Amtega destaca a importancia de Galicia como campo de probas da tecnoloxía 5G tras acoller 30 experiencias piloto
· Foro galicIA Intelixente: Constitución do nodo galego de intelixencia artificial
· Deseño 3D para nenas e nenos - Tinkercad

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade