Artigos desta sección
Xa circulan pola Rede copias do GTA IV, que promete ser o xogo do ano
O vindeiro martes chega ás tendas españolas o agardadísimo xogo Grand Theft Auto IV, que promete ser o lanzamento máis importante do ano para Xbox 360 e PlayStation 3, e que non chega sen ausencia de polémica pola súa violencia e mesmo polo feito de que xa circulan copias do xogo antes da súa posta á venda. Nas redes P2P está dispoñible unha copia da versión (...)
Ler máisChega a España a última creación de FX Interactive: o xogo Jack Keane
Dende hoxe os seareiros das aventuras gráficas xa temos á nosa disposición a nova creación de FX Interactive, trátase do videoxogo Jack Keane, que chega ó noso país, logo dun intenso proceso de localización que durou máis de tres meses, cen por cen en castelán. O xogo supón, segundo palabras dos seus creadores, “unha homenaxe ós clásicos de aventura”, cunha (...)
Ler máisEA está a traballar no novo xogo de Harry Potter
Como era de agardar, a película Harry Potter y el Misterio del Príncipe, que chegará ás grandes pantallas este ano, contará con adaptacións en forma de videoxogo en case todas as plataformas existentes da man o estudo EA Bright Light. O novo xogo que narra o sexto ano de Harry Potter en Hogwarts permitirá loitas entre magos, facer pocións máxicas e participar (...)
Ler máisGuitar Hero podería incorporar micrófono e máis instrumentos seguindo os pasos de Rock Band
Pese a que Rock Band aínda non chegou a Europa, o éxito que está a acadar nos EE.UU. podería levar os responsables de NeverSoft a incorporar novas funcións ao futuro Guitar Hero IV. Espérase así que o xogo inclúa voz e máis instrumentos (o título de Harminix funciona con guitarra, batería e micrófono). Moitos consideran que Guitar Hero aínda é superior a Rock Band (...)
Ler máisSoul Calibur IV chegará ás tendas españolas o 31 de xullo
O agardado xogo Soul Calibur IV, que aparte de pertencer a unha das sagas de loita de máis éxito tamén nos permitirá meternos na pel do mestre Ioda e de Darth Vader (personaxes de Star Wars) xa ten datas de lanzamento para Xbox 360 e PlayStation 3. Ata o momento agardabamos que o 29 de xullo saíse nos EE.UU., pero agora Namco confirma que en Europa haberá (...)
Ler máisOs protagonistas de Mortal Kombat loitarán contra personaxes do Universo DC
Resulta curioso cómo é posible combinar personaxes de videoxogos cos do mundo do cómic, e así como aconteceu no xogo de loita Marvel vs Capcom, agora personaxes de Mortal Kombat coma Scorpion e Sub Zero deberán baterse contra Superman e Batman no novo Mortal Kombat vs DC Universe. Era habitual ver a personaxes da Marvel loitar na pantalla de recreativas e (...)
Ler máisSpider-Man terá un novo videoxogo no outono
Os últimos videoxogos de Spider-Man defraudaron a moitos afeccionados, pois ou eran demasiado básicos ou se limitaban a aproveitar o lanzamento dunha película para facer pasar aos seguidores do lanzarredes por caixa, o que Activision parece querer arranxar con Spider-Man: Web os Shadows, que sairá no outono para Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation 2, PSP, (...)
Ler máisTrackMania Nations Forever xa se pode descargar de balde
Finalmente os afeccionados aos xogos de carreiras poden descargar de balde TrackMania Nations Forever, o título que nos ofrece 65 novos circuítos (ordenados por dificultade) nos que demostrar a nosa pericia ao volante. Esta nova entrega pretende reeditar o éxito de TrackMania Nations, que se converteu hai un par de anos en todo un fenómeno, pois se (...)
Ler máisOs Sims chegan aos 100 millóns de copias vendidas
En Electronic Arts están de festa pois a súa saga de xogos dos Sims, que conta con versións para practicamente todas as plataformas de xogo (dende ordenadores ata móbiles), acadou a impresionante cantidade de 100 millón de copias vendidas en todo o mundo, o que supón todo un fito histórico para esta serie de videoxogos que nos acompaña dende primeiros do 2000. (...)
Ler máisPublícanse os detalles da comercialización norteamericana de Guitar Hero: Aerosmith
Os afeccionados aos xogos musicais para consolas poden alegrarse ao coñecer os novos detalles de Guitar Hero: Aerosmith, que permitirá dar un repaso á historia do grupo musical de Steve Tyler e sairá nos EE.UU. o vindeiro 29 de xuño a 59,99 dólares nas súas versión para Xbox 360 e PlayStation 3, mentres que as versións para PlayStation 2 e Nintendo Wii custarán (...)
Ler máis0 | ... | 6180 | 6190 | 6200 | 6210 | 6220 | 6230 | 6240 | 6250 | 6260 | ... | 6620