Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Altia adquire Bilbomática por 24 millóns de euros

        O grupo galego Altia vén de adquirir o 100% de Bilbomática por 24 millóns de euros. A operación (...)

        Televés potencia a eficiencia lumínica das oficinas de Correos de Suecia e Dinamarca

      • Altia pon en marcha unha iniciativa para promover a sustentabilidade e universalidade TIC: (...)

        Altia e a Zona Franca de Vigo invisten en Docuten

        Vitae mergúllanos cun novo curso na realidade presente e futura da Intelixencia Artificial e a Computación (...)

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • 20 anosinformando
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

Artigos desta sección

O Consorcio Audiovisual de Galicia abre a convocatoria para o curso Introdución á Industria dos Videoxogos

Por diante do cine, da música ou mesmo das películas de vídeo, o consumo de videoxogos supón o 35 por cento do total do gasto en lecer audiovisual. O espectacular crecemento deste mercado nos últimos anos vén de animar ós profesionais do sector a abordar novos proxectos nesta industria. Na liña de favorecerlles o camiño e de apoiar o desenvolvemento deste (...)

Ler máis

A Wii de Nintendo consolídase como a videoconsola máis vendida en xaneiro

A compañía de investigación de mercados NPD vén de facer públicas as cifras de vendas das consolas de nova xeración no pasado mes de xaneiro en Estados Unidos. Segundo a mesma, a Wii de Nintendo gabeou até a primeira posición como a consola de videoxogos máis vendida, coa nada desprezable cifra de 436.000 unidades. A Xbox360 sitúase como a segunda consola de (...)

Ler máis

A Wii de Nintendo consolídase como a videoconsola máis vendida en xaneiro

A compañía de investigación de mercados NPD vén de facer públicas as cifras de vendas das consolas de nova xeración no pasado mes de xaneiro en Estados Unidos. Segundo a mesma, a Wii de Nintendo gabeou até a primeira posición como a consola de videoxogos máis vendida, coa nada desprezable cifra de 436.000 unidades. A Xbox360 sitúase como a segunda consola de (...)

Ler máis

Expomanga: tres días de cómics e videoxogos arredor da cultura xaponesa

O manga e a cultura xaponesa en xeral teñen en todo o mundo unha importante lexión de seareiros, coma unha especie de loxia onde moito é o que se sabe dentro dela sobre o tema e moi pouco fóra. Ou sexa: que se non estás na allada, non vas entender nada. Se cadra un bo xeito de solucionalo é acudir a encontros como o que se vai celebrar en Madrid entre os días (...)

Ler máis

MotoGP2 ou como poñernos na pel dos mellores pilotos

FX Interactive segue a poñer no mercado produtos a bo prezo e accesibles para o común dos seareiros dos videoxogos. Desta volta, é a quenda dos afeccionados ó motociclismo, que teñen en MotoGP 2 a opción de pilotar de xeito virtual e de facer sobre dúas rodas virtuais todo o que nas reais non lles está permitido (e menos mal). O xogo vén con 16 circuítos (...)

Ler máis

Wiitoob.com: o Youtube especialmente deseñado para a Wii

Especialmente pensado para os wiinómanos (non se me ocorre outra definición mellor para os amantes da exclusiva consola de Nintendo) e, como non, para os que apostan forte polo futuro dos vídeos en liña, sae á luz o WiiToob, unha adaptación do popular portal web YouTube deseñada para ser vista en pantallas grandes dende o navegador da Wii. Se deitarse no sofá, (...)

Ler máis

Virgin Games quere poñer en marcha o iTunes dos videoxogos

A Virgin Games semella que non falla ambición no que se refire a meterse de cheo nas vendas de videoxogos a través Rede, manobra na que ten (ou iso di) como principal punto de referencia a Apple co seu servizo de venda de música en liña. Dito doutro xeito: Virgin Games quere ser iTunes dos xogos en liña, e o seu espazo de venda particular xa ten nome: A (...)

Ler máis

Bourne na consola: cada vez máis preto

Do personaxe de ficción coñecido como Bourne, aquel que se vía envolto en enleadas de espionaxe internacional e co agravante de ter menos memoria ca un peixe acabado de nacer, téñense feito varios filmes de desigual fortuna (as mellores son posiblemente as dúas que teñen a Matt Damon de protagonista). Agora, semella que están de sorte tanto os seareiros que (...)

Ler máis

Peugeot agasallará cunha Xbox 360 ós que merquen o 106 por Internet

Nos últimos anos e grazas ós videoxogos, os amantes da velocidade poden ver cubertas as súas necesidades básicas de descarga de adrenalina sen ter que recorrer a coller o coche e arriscar as súas vidas (e as dos demais) para sentirse satisfeitos. Isto non quere dicir que os que teñan vídeo consola poidan renunciar ó coche, nin moito menos, pero se é verdade que (...)

Ler máis

Sony prognostica un éxito total da PS3 en España

Se lle facemos caso ó conselleiro delegado de Sony, James Armstrong, en España vai haber Play Station 3 até na sopa: a previsión é de que se vendan no seu primeiro ano de mercado unhas 600.000 consolas, concretamente a partir do 23 de marzo, que é a data sinalada para a súa dispoñibilidade. Este prognóstico de fartura, igualmente aplicable a Francia e ó Reino (...)

Ler máis

0 | ... | 6170 | 6180 | 6190 | 6200 | 6210 | 6220 | 6230 | 6240 | 6250 | ... | 6270

Dinahosting hospeda este espazo web

















Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· JAI 2022
· A Xunta porá en marcha a plataforma de Mobilidade 4.0 para avanzar cara un modelo de transporte dixital e sostible
· Vacínate contra os coronabulos. Xullo - outubro 2022

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade