Videocámara de alta definición e baixo custo

luns, 24 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O fabricante Exemode é un grande descoñecido nas nosas terras, pero o feito de que comercialice no Xapón a videocámara Yashica DV588 debería facernos lembrar a esta marca, pois se trata dunha cámara compacta que nos permite gravar vídeo en alta definición (MPEG-4 AVC/H.264 a 720 liñas en progresivo) cun sensor CMOS de 5 Mpíxeles, 32 Mb de memoria interna e a posibilidade de gravar en tarxetas SD/SDHC de ata 8 Gb que se vende por só 24.800 iens (pouco máis de 200 euros ao cambio) polo que, aínda que non se trate dun produto de grande calidade, pode ser unha excelente porta para introducir a alta definición nas nosas gravacións domésticas.