Ve a luz o novo Moto M
luns, 7 de novembro do 2016
A tenda en liña chinesa
Tmall vén de desvelar o que será o novo Moto M, un novo smartphone de gama
media con pantalla Full HD de 5,5 polgadas que pode mercarse por 1.999 iuans
(267,16 euros) e presume de corpo de metal resistente ás salpicaduras e dun
novo sensor de pegadas dixitais traseiro.
En especificación teriamos un smartphone cun procesador MediaTek Helo P15, 4 GB
de RAM, 32 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 16 MpÃxeles, dobre
SIM, son Dolby Atmos e baterÃa de 3.050 mAh, de xeito que teriamos un
dispositivo que non chamara especialmente a atención se no fose porque se
estrea baixo o paraugas dunha marca reputada como Motorola (aÃnda que a algúns
decepcionará por funcionar con Android 6.0, en vez de atreverse xa a contar coa
seguinte versión do sistema operativo móbil de Google).
- O novo smartphone chega con corpo metálico con recubrimento hidrofóbico