Varios Call of Duty poderanse xogar en streaming a partir do dÃa 25
luns, 14 de outubro do 2024
Os usuarios de Game Pass Ultimate poderán gozar dos xogos Call of Duty: Black Ops 6, Call of Duty: Modern Warfare III e Call of Duty: Warzone a través do servizo Xbox Cloud Gaming a partir do vindeiro dÃa 25 ás 19:00 horas.
Deste xeito Microsoft respecta o seu compromiso de levar os xogos de Call of Duty a máis lugares que nunca, xa que a través da nube estarán dispoñibles para consola, PC, dispositivos móbiles, televisores de Samsung, dispositivos Amazon Fire TV e visores Meta Quest, entre outros, destacando que no caso de Call of Duty: Black Ops 6 está dispoñible para xogar en streaming dende o dÃa do seu lanzamento.
Cómpre salientar que aÃnda quedan bastantes xogos de Activision e Blizzard por incorporarse ao servizo de xogo na nube de Xbox, que no mes de novembro poderÃa vivir toda unha revolución nos EE.UU. por mor dunha sentenza xudicial que forzará a Google a flexibilizar as normas da súa tenda de aplicacións para Android.