Vanquish estreará demo o 1 de setembro

martes, 24 de agosto do 2010 Marcus Fernández

O agardado xogo de Platinum Games Vanquish está máis preto do que pensamos, e dende SEGA confirman que o vindeiro día 1 de setembro poderemos contar en Europa cunha versión de demostración para Xbox 360 e PlayStation 3, na que poderemos elixir entre 2 niveis de dificultade (ocasional e normal) e tomaremos o papel do axente norteamericano Sam, que cun traxe de combate futurista deberá loitar por facerse co control dunha estación espacial pola que tamén loitan os rusos.
Esta demo responde ao título de Velocity Attack, e servirá para preparar o terreo a este atractivo título que chegará no outono e do que xa confirmaron que rematou o seu desenvolvemento.

PUBLICIDADE