Vanguard Princess: novo xogo de loita de balde para PC
mércores, 8 de xullo do 2009
Os
amantes dos xogos de loita en dúas dimensións coma os que SNK e Capcom fixeran
para máquinas recreativas poden gozar dunha obra máis deste xénero grazas ao altruÃsmo
do seu creador, Tomoaki Sugeno (que traballou na elaboración de tÃtulos coma The King of Fighters EX: Neo Blood, Resident Evil 3: Nemeiss e Mega Man & Bass), que tras 3 anos e medio de traballo
co 2D Fighting Game Maker decidiu
publicar de
balde o xogo Vanguard Princess, que
ten unha mecánica moi semellante a xogos coma Marvel vs Capcom, pero só con personaxes femininos con aparencia de
anime.
Este tÃtulo funciona baixo Windows, aÃnda que ao estar feito para o Xapón, hai
que empregar certos trucos para facelo correr un ordenador occidental, asÃ
como moverse a cegas polos seus menús
en xaponés (o que non resulta complicado, pois as opcións deste tipo de xogos
son bastante limitadas, e basta con premer unhas poucas teclas para atoparse repartindo estopa).
As animacións e as ilustracións do xogo son moi boas para tratarse dun tÃtulo
gratuÃto, e de indicar algunha pega ao xogo, posiblemente estarÃa na súa
reducida dificultade.
O xogo presenta unha animación fluÃda e uns gráficos coidados