Vader Immortal terá versión para PlayStation VR

luns, 4 de maio do 2020 Marcus Fernández

A aventura de realidade virtual Vader Immortal presentárase o ano pasado como un grande reclamo para o casco de realidade virtual autónomo Oculus Quest, e aproveitando a data actual (o 4 de maio está considerado de xeito informal como o día de Star Wars) anuncian que este xogo vai abrirse a un público maior, cunha versión para PlayStation VR.
Vader Immortal: A Star Wars VR Series comercializouse inicialmente por episodios, pero ao estarmos ante unha versión que chega despois da publicación dos mesmos, os xogadores terán a fortuna de poder contar con todos os contidos de vez nesta nova edición para consolas PlayStation 4, que chegará no verán, de xeito que este título deixará de ser exclusivo para Oculus.

No xogo podemos empregar os poderes da Forza en realidade virtual

PUBLICIDADE