VTech prepara un smartwatch para cativos
luns, 17 de febreiro do 2014
A empresa xogueteira VTech leva tempo apostando pola
tecnoloxÃa con produtos como cámaras fotográficas e tablets, e atendendo ás
últimas tendencias do mercado está a preparar o lanzamento o vindeiro verán dun
novo produto da liña Kidizoom:
un smartwatch con pantalla táctil de 1,4 polgadas que venderase a 39,99
libras esterlinas (48,74 euros).
Este novo dispositivo estarÃa dirixido a cativos de entre 6 e 12 anos de idade,
incluirÃa unha cámara dixital de 0,3 MpÃxeles con gravación de vÃdeo, unha
gravadora de voz (con efectos graciosos
na reprodución) e 3 xogos educativos precargados.
TerÃa conectividade USB para
poder copiar os contidos capturados a un ordenador e non esquecerÃa funcións
propias dos reloxos: amosará a hora en analóxico ou dixital e contará con
funcións de cronómetro e conta-reloxo.
Dende VTech pretenden que este tipo de dispositivo sirva para que os nenos
aprenda a interpretar as horas, á vez que facilÃtalles un dispositivo que habitualmente
ven usar aos maiores (aÃnda que cada vez vexamos menos os reloxos de pulso como
un produto que vaia máis aló dun complemento de moda).
O smartwatch de VTech visto en vÃdeo