VMK pon á venda o seu tablet Way-C
mércores, 26 de decembro do 2012
- Tablet Way-C de VMK
Así
como en EE.UU. teñan a Apple, en Asia teñen a Samsung e en Europa temos a
Nokia, dende
África parece querer emerxer un fabricante de electrónica de consumo, VMK, compañía promovida polo emprendedor congolés Vérone Mankou, que xa conta
co smartphone Elikia e co tablet Way-C. Estes novos
dispositivos están a chegar ao mercado libre a un prezos duns 129 e 229
euros respectivamente, estando tamén dispoñibles a través de Airtel Congo.
O tablet Way-C funciona con Android 2.3, procesador A8 Cortex a 1,2 GHz, 512 Mb
de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDHC de
ata 32 Gb), pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, Wi-Fi,
batería de 4.200 mAh (o que permitiríalle até 6 horas de autonomía), 1,25
centímetros de grosor e 380 gramos de peso, o que pode parecernos unhas
características moi decepcionantes para tal rango de prezo, pero que pode
marcar un sendeiro de esperanza para a produción de tecnoloxía dende o
continente africano.
O smartphone Elikia sae mellor parado se o comparamos ao que podemos atopar
actualmente nas tendas, pois por un prezo bastante axustado ofrece un móbil con
Android 2.3.6, cunha pantalla IPS de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480
píxeles, procesador a 650 MHz, 512 Mb de RAM, 126 Mb de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb), Wi-Fi N, Bluetooth,
A-GPS, micro USB, cámaras de 5 e 0,3 Mpíxeles, receptor de radio FM, batería de
1.300 mAh, un grosor de 1,25 centímetros e un peso de 150 gramos, que poderían compararse
con terminais europeos como o Alcatel
One Touch 990.
- Vérone Mankou amosando o smartphone Elikia