VIA anima ós usuarios a montar o seu propio ordenador ultracompacto
martes, 11 de decembro do 2007
Os usuarios que queiran un ordenador de
pequenas dimensións e gusten
de facer as cousas por si mesmos poderán facerse co novo produto de VIA, o ARTIGO
Pico-ITX, que é un kit que inclúe
os compoñentes para montar o noso equipo ultracompacto, sen incorporar a
memoria e o disco duro, e que se venderá por uns 300 dólares.
O Pico-ITX inclúe unha placa base cun procesador VIA C7 a 1 GHz, soporta ata 1
Gb de RAM (DDR2 533 SODIMM), conta con conectores IDE e eSATA, saÃda de VGA, 4
portos USB 2.0, conector Ethernet (10/100 Mbps), entrada de micrófono e saÃda
de liña.
A caixa na que se integran todos estes compoñentes mide 15 x 11 x 4,5 cm e pesa 520 gramos. O equipo é
compatible cos sistemas operativo Windows 2000 e XP, WinCE e Linux.
Podemos ver a doada montaxe do equipo no seguinte vÃdeo: