VAIO presenta un novo smartphone con Android para o mercado nipón
mércores, 22 de marzo do 2017
Pese a que Sony conseguiu no seu dÃa que os seus ordenadores
portátiles fosen todo un referente a nivel de calidade e deseño, a división non
foi capaz de manterse en números negros, polo que hai algo máis de tres anos segregou a súa
marca VAIO, pasando a mans doutra compañÃa na liña do que tamén fixeron
compañÃas como IBM (que deixou a fabricación de PC a Lenovo).
AÃnda que a nova VAIO é unha compañÃa meramente nipoa, que non vende os seus
equipos internacionalmente, atreveuse a ampliar o seu abano de produtos,
chamando poderosamente a atención o
seu smartphone con Windows 10, e agora volven á carga co VAIO Phone A, que vén a ser
unha versión do anterior, pero baseado en Android e con dobre SIM, de xeito que
prodúcese a curiosa situación de que no mercado xaponés poderemos ver móbiles
VAIO competindo contra terminais Sony Xperia.
O VAIA Phone A é un smartphone cun procesador Qualcomm Snapdragon 617, 3 GB de
RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até
64 GB), pantalla Full HD de 5,5 polgadas, 4G, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, micro
USB 2.0, cámaras de 13 e 5 MpÃxeles, baterÃa de 2.800 mAh, sistema operativo
Android 6.0.1, un grosor de 8,3 milÃmetros e un peso de 167 gramos. Poderá
encargarse a partires do vindeiro dÃa 30 e VAIO confÃa en comezar a atender os
pedidos a partires do 7 de abril a un
prezo sen impostos de 24.800 iens (206 euros).