Unha xornada analizou os retos do xornalismo galego

venres, 24 de marzo do 2023 Redacción

O Colexio Maior La Estila organizou a II Xornada de Comunicación baixo o título Retos da prensa tradicional e os diarios dixitais, que comprendeu un par de mesas redondas coa participación de xornalistas de medios de comunicación galegos.
A primeira mesa redonda foi moderada polo xornalistas José Luís Gómez (Mundiario) e contou coa participación de Xosé María Fernández Pazos (Código Cero), Roberto Ledo (Diario Luso-Galaico), Manuel Pardo Castro (Lindeiros) e Xurxo Salgado (Galicia Confidencia).
A segunda mesa redonda contou coa participación de María Obelleiro (Nós Diario), Martín G. Piñeiro (El Progreso) e Ignacio Carballo (La Voz de Galicia), moderados pola delegada da axencia Efe en Galicia, Ana Martínez.
As distintas participación coincidiron na necesidade de mellora da calidade dos medios nesta era baixo a influencia das redes sociais e tamén abordouse a convivencia da prensa en papel e a dixital, que poden xogar roles complementarios. Resulta un bo resumo do debate o comentario de Manual Pardo (Lindeiros), quen apuntou que «os medios dixitais loitan por expandirse e os xornais tradicionais, por resistir».
Encargouse de pechar o encontro Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

Fotografía dos participantes na xornada

PUBLICIDADE