Unha tarxeta SD dotará de Wi-Fi ao BeBook
venres, 6 de marzo do 2009
Hai cousa dun ano vimos coma
se anunciaba o dispositivo de lectura de libros electrónicos BeBook,
que permitÃa a lectura de documentos PDF, Word, TXT e HTML na súa pantalla de 6
polgadas e contaba cunha autonomÃa de 7.000 páxinas cunha única carga, ou sexa,
que apenas tiña diferenzas con outros trebellos semellantes, pero esta semana
no CeBIT a xente de Endless Ideas amosou novas cartas, presentando
un BeBook 2 con conectividade sen fÃos pero sen esquecer aos seus
clientes actuais, polo que en breve venderán
unha tarxeta SD que dotará de Wi-Fi ao primeiro BeBook, permitindo
asà a compra de libros en tendas en liña, a recepción de fluxos RSS e outras
posibilidades que abre a conexións á Rede. Este engadido terá un prezo
aproximado de 40 euros.
Con ese anuncio o fabricante alonga a vida do BeBook, que pode adquirirse por
329,95 euros, pois non será ata finais de ano cando saia o seu sucesor (que
incluirá tanto Wi-Fi coma conectividade 3G).
VÃdeo de Engadget no que se ve cómo funciona o BeBook