Unha pulseira de Nike para animarnos na práctica deportiva

xoves, 19 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Nike leva tempo apostando pola tecnoloxía como complemento deportivo, incluso ligando distintos dispositivos a smartphones, e o seu último produto persegue avanzar nesta liña levan tal experiencia a un modo de vida, xa que a pulseira Nike+ FuelBand proponse como un sistema de rexistro da nosa actividade física grazas a un acelerómetro de 3 eixes, que pode medir así as calorías, os pasos e o tempo que consumimos facendo exercicio coma se fose carburante, o que serviría para marcarnos obxectivos, animándonos a levar unha vida máis activa.
A Nike+ FuelBand comezará a comercializarse nos EE.UU. o 22 de febreiro por 149 dólares, e coma outros produtos Nike+, pode sincronizarse co PC por Bluetooth ou USB para gardar un rexistro dos nosos progreso na páxina web do servizo (sendo posible comunicarse tamén vía Bluetooth cun iPhone no que instalemos a aplicación correspondente), mentres que a actividade actual podemos visualizala nunha pantalla de díodos LED integrada.


Vídeo de introdución da Nike+ FuelBand

O Nike+ FuelBand mide o carburante que consumimos ao facer deporte

PUBLICIDADE