Unha nova consola consegue replicar o hardware da Nintendo 64
mércores, 16 de outubro do 2024
Hai un ano a compañÃa que triunfou coa consola portátil Analogue Pocket, convertida en todo un referente entre os amantes dos videoxogos de consola en plataformas clásicas, anunciou que estaba a preparar a Analogue 3D, unha consola que renderÃa homenaxe á clásica Nintendo 64 sendo capaz de empregar os seus xogos e incluso os seus mandos, aÃnda que contando tamén con compatibilidade de mandos sen fÃos e podendo presentar as imaxes en pantallas 4K.
Agora a Analogue 3D xa non é unha promesa e esta nova consola compatible 100% cos xogos de Nintendo 64 (que replica a nivel de hardware empregando FPGA) pode mercarse xa a un prezo de 249,99 dólares (estando tamén dispoñibles para a mesma uns mandos de 8BitDo a un prezo de 39,99 dólares) para enviarse aos compradores a partir do vindeiro dÃa 21 incluÃndo cable HDMI, cable USB e adaptador de corrente (GaN) de 30 watts.
A Analogue 3D promete unha fidelidade absoluta ao correr os xogos de Nintendo 64 (carecendo dos retardos propios da emulación mediante software), soporta xogos orixinais nas súas versións tanto PAL como NTSC e pode presentar a imaxe en 4K con modos de simulación de pantallas de tubo. Conta con 2 portos USB, lector de tarxetas SD (inclúe unha de 16 GB), ten conectividade Bluetooth e Bluetooth LE, permite a conexión de até 4 mandos por cable ou sen fÃos, ten unhas dimensións de 180 x 230 x 49 milÃmetros, un peso de 837 gramos e pode adquirirse con carcasa en negro ou en branco.
Esta máquina busca poder gozar dos xogos orixinais de Nintendo 64, e oficialmente non soporta o uso de ficheiros ROM protexidos, deixando claro o seu compromiso coa legalidade. Falamos dunha solución que agradecerán moitos coleccionistas e afeccionados aos xogos retro, que poderán gozar fielmente dos xogos de Nintendo 64 aÃnda que non conserven en bo estado unha consola da época nin queiran ter manter un vello televisor de tubo para gozar dos xogos clásicos.