Unha mochila facilita a carga dos nosos trebellos durante as viaxes

luns, 22 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Para facilitar o transporte dos nosos trebellos electrónicos TYLT presenta unha nova mochila realmente práctica, a ENERGI+ BACKPACK, que non só conta con 13 petos para gardar dende ordenadores portátiles ou tabletas até pequenos accesorios, e co típico orificio para poder conectar uns auriculares ao nosos reprodutor multimedia ou smartphone para escoitar música durante os desprazamentos, senón que destaca principalmente por venderse cunha batería recargable extraíble de 10.400 mAh capaz de cargar até 3 dispositivo á vez (2 a 1 Ampere e 1 a 2,1 Amperes). Deste xeito, podemos regargar, por exemplo, unha tableta e dous teléfonos mentres imos de viaxe.
Outros detalles destacable é que esta resistente mochila inclúe un espazo nas súas costas para poder pasar as barras da asa dun trolley, convertendo a este accesorio nun complemento cómodo de empregar nas viaxes na que carguemos con máis equipaxe. Parece que a única eiva deste produto sería o seu prezo de 169,99 dólares (138,61 euros), que pode parecer bastante elevado para unha mochila.

A batería integrada na mochila facilita a carga de dispositivos electrónicos mediante USB
A mochila permite transportar o noso ordenador portátil
A mochila pode combinarse de xeito doado cun trolley


Vídeo promocional da mochila ENERGI+ de TYLT

PUBLICIDADE