Unha guía axúdanos a atopar libros galegos na Internet

venres, 27 de marzo do 2020 S. P.

Nesta situación de confinamento desde Código Cero, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da iniciativa #aculturasegue, queremos ofrecer aos nosos seareiros unha pequena obra do profesor, xornalista e colaborador habitual das nosas publicacións, Henrique Neira, Como Atopar Libros Galegos en Internet. Unha guía de recursos en liña, nunha edición actualizada na que se recollen páxinas web onde atopar libros.
Así os interesados terán referencias das bibliotecas virtuais galegas e doutras páxinas web galegas, españolas e internacionais que achegan libros. Completan a obra anexos nos que se recollen unha carta de navegación para o océano da información, libros e soportes, bibliotecas virtuais, un glosario e bibliografía.
A obra está dirixida non só aos interesados en libros galegos senón tamén ao profesorado e alumnado de todos os ciclos educativos para que sirva de recurso.
É evidente que non están todos os recursos existentes, polo que agradécese o envío de información sobre páxinas web e outros recursos que non figuren na guía para a súa incorporación na vindeira edición que actualizaremos periodicamente mentres dure esta situación. A obra é de difusión gratuíta.

PUBLICIDADE