Unha funda para o Nokia Lumia 620 farao resistente á auga e ao po

xoves, 7 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O Nokia Lumia 620 está a chegar a distintos mercados como unha das mellores opcións para introducirse en Windows Phone 8 pola súa boa relación calidade-prezo (o seu prezo libre en España é de 269 euros), e este terminal que conta cun procesador de dobre núcleo que permítelle correr con fluidez o seu sistema operativo e incluso tecnoloxía NFC, parece que vai mellorar o seu potencial a través de accesorios, como o que vén de desvelar a través de Twitter o director de vendas de Nokia nos Países Baixos, Sander Teunissen: unha funda que faría o Nokia Lumia 620 resistente ao po e á auga.
O feito de poder dotar a un smartphone de protección IP54 a través dun accesorio pode resultar moi atractivo para certos usuarios que non precisan sempre de tal prestación, pero poden querer engadirlla ao seu terminal móbil cando fan actividades ao aire libre ou en certas condicións de traballo nas que os líquidos poden estragar o dispositivo de Nokia.

PUBLICIDADE