Unha funda de papel electrónico pode revolucionar o xeito de interactuar co smartphone

luns, 18 de abril do 2016 Marcus Fernández

O austríaco Media Interaction Lab está a desenvolver con Microsoft unha tecnoloxía que está a captar bastante atención nos últimos días despois de que aparecerse na Rede un vídeo da FlexCase, que consiste nunha funda para smartphones que integra unha pantalla flexible de papel electrónico que non só actúa como pantalla secundaria do teléfono, senón que tamén interpreta interaccións físicas, no que parece unha aplicación da tecnoloxía FlexSense desenvolvida polo mesmo laboratorio.
Deste xeito, no futuro poderiamos ter unha pantalla de papel electrónico xunto ao smartphone que pode empregar como superficie de lectura ou incluso sistema de control, xa que podería servir como superficie na que incluír botóns, ou incluso como un xeito natural de manexar certas aplicacións dun xeito natural, xa que recollería accións como dobrar as esquinas deste papel electrónico para realizar ampliacións, xiros ou outro tipos de accións, completando así a pantalla táctil principal. Trátase dunha ampliación do control que agradeceríase especialmente ao traballar con contidos tridimensionais, pero que realmente serviría para moitas outras aplicacións, contando como principal vantaxe que se trata dunha interface que pode resultar especialmente doada de manexar ao basearse en movementos aos que estamos afeitos no nos día a día.

Vídeo de demostración da tecnoloxía FlexCase

PUBLICIDADE