Unha funda de SanDisk amplÃa a capacidade de almacenamento do iPhone 6/6s
xoves, 23 de xuño do 2016
Para solucionar os problemas de espazo dos iPhone 6
e 6s, SanDisk pon á venda a súa iXpand
Memory Case, unha funda que integra unha unidade de almacenamento externo
para ampliar a capacidade do smartphone (en 32, 64 ou 128 GB), que serve de
protección para o móbil e que tamén pode complementarse cunha baterÃa externa
(á venda por separado) polo que pode considerarse un accesorio ideal para o
verán, xa que dota ao smartphone de Apple de máis capacidade e autonomÃa.
A funda protectora iXpand Memory conta cunha aplicación par que as fotografÃas
e os vÃdeos tomados co teléfono gocen unha copia de seguridade automática na
súa memoria, podendo empregarse a mesma aplicación para organizar o contido na
memoria externa e asà acceder e xestionar as fotografÃas, os vÃdeos e a música
que almacenemos nesta unidade que véndese
xa nos EE.UU. a un prezo de 59,99, 99,99 e 129,99 dólares para as súas
versións con 32, 64 e 128 GB respectivamente (dispoñibles en catro cores
distintas).
- A funda de SanDisk está dispoñible en catro cores distintas
VÃdeo promocional da iXpand Memory Case de SanDisk