Unha empresa británica vende teclados para xergos
mércores, 5 de setembro do 2007- Teclado multimedia para zurdos
Os zurdos teñen problemas para utilizar obxectos de
uso cotiá incluso no mundo da informática, polo que xa hai tempo que teñen teclados básicos deseñados para
eles e que destacan por ter o teclado numérico á esquerda.
Pero os xergos tamén teñen dereito a contar con teclados máis avanzados, polo
que unha tenda británica xa comercializa un teclado
multimedia co teclado numérico á esquerda e que tamén conta con teclas adicionais
para facer de atallo a opcións frecuentes coma controlar o volume do son no
ordenador ou acceder ós programas de navegación web e correo electrónico. Este
teclado véndese a 29,99
libras (44,38 euros).
- Versión sen fÃos do teclado adaptado para xergos
Os máis esixentes tamén poden optar por unha versión do teclado anterior sen fÃos, que se vende de xeito conxunto cun rato, e que custa 49,95 libras (73,92 euros).