Unha correa permite facer electrocardiogramas co Apple Watch
xoves, 30 de novembro do 2017
Aínda que hai quen defenda a utilidade de dispositivos
como o Apple Watch para alertar de certos problemas de saúde, cómpre destacar
que estamos ante un trebello de consumo, que non busca tal nivel de precisión,
de aí que existan accesorios de uso médico, que agora tamén poden empregarse en
combinación co reloxo de Apple, como o novo lector de electrocardiogramas KardiaBand, que ten forma de correa
para o Apple Watch é vén
de recibir a aprobación da FDA nos EE.UU., o que supón un importante paso
para o reloxo da compañía de Cupertino.
Esta pulseira para o Apple Watch permite analizar o noso ritmo cardíaco en só
30 segundos, e a través da aplicación SmartRhythm podemos aproveitar os propios
sensores do reloxo para avisar cando sería convinte realizar un electrocardiograma
por detectar un ritmo cardíaco inconsistente.
A pulseira comercialízase a un prezo de 199 dólares nos EE.UU. (en breve poderá
mercarse en España), aínda que os
usuarios que non conten cun Apple Watch tamén poden facerse con KardiaMobile,
un lector de electrocardiogramas con forma plana, que pode funcionar tanto con iPhone
coma con smartphones con Android, e que en España pode
adquirirse por 139 euros, aínda que carece da vantaxe de que o reloxo avise
cando é convinte realizar unha medición do ritmo cardíaco para detectar posibles
problemas.
Vídeo no que se explica o funcionamento da KardiaBand