Unha correa de reloxo promete avisar se padecemos un infarto

mércores, 16 de marzo do 2016 Marcus Fernández

AliveCor, unha compañía de San Francisco especializada na monitorización cardíaca a través do móbil, está a preparar unha correa para o Apple Watch chamada Kardia que en conxunción cunha aplicación podería realizar un electrocardiograma con só premer un sensor na correa, o que podería ser de utilidade para facer seguimentos da condición cardíaca, pero que dende AliveCor aseguran que chegaría aínda máis aló, podendo chegar a detectar a fibrilación auricular para avisar ao momento ante un infarto.
Esta solución funcionaría en combinación coa aplicación de Apple Health, de xeito que permitiría dar unha imaxe máis ampla da saúde do usuario, e aínda que polo momento non anuncian a data de lanzamento e o prezo que terá este produto, si detallan que a aplicación para a correa Kardia non será exclusiva para iOS, senón que tamén contará con versión para Android.

AliveCor xa conta actualmente con solucións que permiten efectuar electrocardiogramas co smartphone

PUBLICIDADE