Unha compañÃa xaponesa recupera o teclado do Atari 400
martes, 19 de abril do 2011- O teclado de Niyari inclúe as teclas propias dos teclados actuais
A tenda en liña
Geek Stuff4U, popular por achegar dende Japón dispositivos electrónicos que
habitualmente non se comercializan internacionalmente, vén de incorporar ao seu
catálogo por 104,23 euros un teclado
USB que replica o aspecto do teclado do Atari 400, polo que estariamos ante
unha impresionante obra retro só apta
para os incondicionais do ordenador que comezou a comercializarse en 1979, pois
este teclado é considerado
como un dos peores que existiron nunca para un ordenador persoal.
Este orixinal e incómodo teclado é compatible con Windows 2000/XP/Vista/7, e o
seu fabricante (Niyari) actualizouno para incorporar as teclas propias dos
ordenadores actuais, polo que estamos ante un produto totalmente funcional só
recomendado para nostálxicos.