Unha cámara emula a experiencia de gravación en Super 8
mércores, 6 de agosto do 2025
Nos anos 70 conseguiron certa popularidade as cámaras cinematográficas que funcionaban con pelÃculas Super 8, coñecidas por moitos como tomavistas, e para os nostálxicos deste xeito de captar imaxes en movemento Camp Snap lanzará a mediados de setembro a cámara de vÃdeo dixital CS-8 a un prezo de lanzamento de 130,95 euros.
Esta curiosa cámara conserva a forma exterior dunha cámara Super 8, coa súa caracterÃstica empuñadura, que permite asà replicar a clásica experiencia de gravación, ao que tamén contribúen os filtros de estilo que poden seleccionarse: podemos gravar a 30 imaxes por segundo sen efectos, pero tamén engadir toques vintage á imaxe ou incluso simular a pelÃcula Super 8 gravando a 18 imaxes por segundo.
Dado que as gravacións poden consumirse de modos moi variados, a cámara conta cun selector de relación de aspecto, para que gravemos en 16:9 en horizontal ou vertical, en formato cadrado ou no clásico 4:3.
Para gravar vÃdeo chega con premer o gatillo da cámara, que almacenará as gravacións con audio nunha tarxeta de memoria SD de ata 128 GB que permitirÃa almacenar ata 16 horas de vÃdeo (inclúe unha tarxeta de 4 GB capaz de almacenar ata 30 minutos de metraxe).
A cámara tamén conta con control do zoom e un indicador analóxico do nivel de baterÃa. Estes elementos retro veñen acompañados con limitacións como que a cámara non permite nin reproducir nin borrar gravacións directamente, xa que carece de pantalla.
O detalle máis moderno desta cámara serÃa a súa conexión USB-C, que permite cargar a súa baterÃa e transferir contidos.
Temos asà un produto chamado a ofrecer unha experiencia diferente a un prezo asumible, moi lonxe dos 5.495 dólares que custa a cámara Kodak Super 8 que puxeron á venda hai un par de anos.
VÃdeo no que podemos ver as posibilidades desta curiosa cámara de Camp Snap
