Unha cámara de vixilancia de D-Link mellora a cobertura da nosa rede Wi-Fi
mércores, 19 de xuño do 2013
Utilizar cámaras web para monitorizar o noso fogar ou
oficina de dÃa e de noite como sistema de seguridade é cada vez máis popular
grazas á versatilidade deste tipo de dispositivos, que agora poden conectarse
directamente á Internet a través de Wi-Fi e facilitarnos o acceso ás súas
imaxes dende practicamente calquera lugar a través do móbil, pero non conformes
con iso, a cámara
DCS-933L de D-Link, coñecida tamén como Day/Night Camera inclúe unha
prestación adicional que apórtalle moito atractivo: pode operar como repetidor
da nosa rede Wi-Fi para mellorar a conectividade sen fÃos do seu contorno.
Esta cámara de D-Link aproveita os servizo na nube da compañÃa para facilitar a
súa comunicación coa Rede sen complexas configuracións, de xeito que en poucos
minutos pode instalarse e resulta igualmente doado acceder á mesma dende a distancia
(contando con aplicacións de balde para iPhone, iPad e Android para facilitar
tal).
A cámara ten un sensor CMOS de 640 x 480 pÃxeles, visión nocturna (iluminando o
seu sistema de infravermellos ata a 5 metros de distancia), micrófono
integrado, detección de movemento e son e a posibilidade de remitir
notificacións por correo electrónico, conectividade Ethernet e Wi-Fi N, unhas
medidas de 80 x 115 x 80 milÃmetros e 96,2 gramos de peso. Está xa á
venda a un prezo de menos de 150 euros.
- As imaxes captadas pola cámara poden verse en tempo real dende o móbil
VÃdeo de presentación desta completa cámara de vixilancia que pode mellorar a cobertura da nosa rede Wi-Fi