Uncharted 4 terá unha completa edición para coleccionistas
luns, 31 de agosto do 2015
O agardado Uncharted
4: El Desenlace del Ladrón para PlayStation 4 xa ten data de lanzamento
oficial, o 18 de marzo, cando chegará ás tendas este xogo de Naughty Dog que
pechará a saga de Nathan Drake, e que para satisfacer aos seus moitos seareiros,
vai
contar con edicións de coleccionista de auténtico luxo.
Por unha banda a edición especial de Uncharted
4: El Desenlace del Ladrón incluirá unha copia en disco do xogo, acompañada
por unha caixa metálica, un libro de arte en tapa dura de 48 páxinas, un lote
de adhesivos e puntos para desbloquear contido no modo multi-xogador e melloras
de personaxes.
Pero esta edición especial parece bastante modesta para os que queiran gardar
un bo recordo da franquÃa, de aà que vaia comercializarse tamén a Edición Coleccionista Libertalia, que
engadirá ao lote unha figura de alta calidade de Nathan Drake de 30 centÃmetros
de altura e numerosos contido dixital (3 traxes multi-xogador, 3 skins de armas personalizadas, gorras, o
traxe Madagascar Sidekick, burla pula
Phurba e un tema dinámico).
Paralelamente tamén estarán dispoñibles edicións dixitais do xogo con distintos
contidos descargables adicionais dispoñibles, que poderán reservarse na PlayStation
Store a partires de mañá.