Uncharted 3 estreará beta multi-xogador a finais de xuño

martes, 19 de abril do 2011 Marcus Fernández

O xogo exclusivo para PlayStation 3 Uncharted 3: Drake’s Deception van estrear o vindeiro 28 de xuño unha versión de proba do seu modo multi-xogador, e para ir preparando o terreo dende Naughty Dog e a división de videoxogos de Sony están a dar a coñecer novos detalles desta novidade da saga de Nathan Drake, que sempre destacou pola seu excelente modo de xogo para un xogador, e que este ano buscará sorprender con modos competitivos individuais ou por equipos, percorrendo decorados como The Airstrip e The Chateau facendo uso de personaxes personalizados entre os que figuran tanto heroes como viláns.
O xogo tamén terá en conta as redes sociais que están tan de moda, integrándose coas mesmas, de xeito que, por exemplo, será posible compartir clips das nosas partidas en YouTube ou en Facebook, o que só é un detalle máis das facilidades para os modos multi-xogador de Uncharted 3, aos que poderán achegarse o 28 de xuño os usuarios da PS3, aínda que os subscritores de PlayStation Plus e os compradores de InFamous 2 poderán facer o propio con certa antelación.


Trailer do modo multi-xogador de Uncharted 3

O modo multi-xogador de Uncharted 3 incorporará numerosas novidades

PUBLICIDADE