Un total de 45 centros impartirán o vindeiro curso o Bacharelato STEMBach

mércores, 10 de agosto do 2022 S. P.

Até 45 centros educativos de toda Galicia impartirán o vindeiro curso o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), unha acción enmarcada na estratexia Edudixital 2030 que no seu punto de mira promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica. Tamén busca facilitar aos estudantes a incorporación e a adaptación á ensinanza universitaria e impulsar a perspectiva de xénero. Os institutos de Brión e Afonso X O Sabio de Cambre incorpóranse por primeira vez a esta iniciativa, mentres que os 43 centros restantes danlle continuidade a este programa iniciado en cursos anteriores.
O STEMBach, que inclúe o desenvolvemento dun proxecto de investigación, contribúe a afondar no traballo das competencias matemática e básica en ciencia e tecnoloxía e facilita a adquisición de competencias transversais (creatividade, sentido da iniciativa e o emprendemento, resolución de problemas, traballo en equipo, pensamento crítico, cidadanía global); así como a mellora das destrezas comunicativas e expresivas, con énfase na comunicación e divulgación científica, nas competencias dixitais e na incorporación da Intelixencia Artificial.
O Goberno galego implantou esta iniciativa por primeira vez no curso 2018/19 como experiencia piloto, que se foi consolidando ata chegar aos 726 alumnos matriculados o curso pasado (case un 56% mulleres).
Relación de centros educativas no STEMbach:
-CPR Plurilingüe Compañía de María
A Coruña
-CPR Plurilingüe Liceo La Paz
A Coruña
-CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha
A Coruña
-IES Salvador de Madariaga
A Coruña
-IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
A Coruña
-IES Agra do Orzán
A Coruña
-CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen
Betanzos
-IES Brión
Brión
-IES Afonso X O Sabio
Cambre
-IES David Buján
Cambre
-CPR Plurilingüe Rías Altas
Culleredo
-CPR Tirso de Molina
Ferrol
-IES Sofía Casanova
Ferrol
-IES Concepción Arenal
Ferrol
-IES María Casares
Oleiros
-IES Miraflores
Oleiros
-IES de Ortigueira
Ortigueira
-IES Lamas de Abade
Santiago de Compostela
-IES Arcebispo Xelmírez II
Santiago de Compostela
-CPR Plurilingüe Compañía de María
Santiago de Compostela
-IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Santiago de Compostela
-IES Lucus Augusti
Lugo
-IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes
Lugo
-IES Francisco Daviña Rey
Monforte de Lemos
-CPR Plurilingüe Santa María
Ourense
-IES Eduardo Blanco Amor
Ourense
-IES Ramón Otero Pedrayo
Ourense
-IES As Lagoas
Ourense
-IES Ramón Cabanillas
Cambados
-IES María Soliño
Cangas
-IES Ramón Mª Aller Ulloa
Lalín
-IES Plurilingüe A Paralaia
Moaña
-CPR Santiago Apóstol
Soutomaior
-IES San Paio
Tui
-CPR Plurilingüe Compañía de María
Vigo
-CPR Plurilingüe Miralba
Vigo
-IES Laxeiro
Lalín
-IES Val Miñor
Nigrán
-IES Plurilingüe Aquis Celenis
-Caldas de Reis
-IES A Xunqueira II
Pontevedra
-IES República Oriental de Uruguay
Vigo
-IES As Barxas
Moaña
-IES Johan Carballeira
Bueu
-IES de Valga
Valga
-IES Valadares
Vigo

PUBLICIDADE