Un soporte permite conectar discos duros ó ordenador coma se fosen cartuchos

venres, 19 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Soporte cun disco de 2,5 polgadas

A tenda virtual GeekStuff4U vende unha orixinal plataforma de conexión ó PC que permite o uso de discos duros internos coma se fosen externos, sorprendendo por non ocultalos dentro dunha caixa, senón que permite a súa conexión coma se fosen cartuchos de NES ou de MSX.
Este soporte funciona con discos duros SATA de 2,5 e 3,5 polgadas, os que conecta ó PC mediante un porto USB 2.0, de xeito que se poden empregar tanto en equipos tanto con Windows coma con Mac OS X. Véndese a 33 euros e resulta unha atractiva solución para conectar un disco interno a un ordenador sen ter que abrilo, así como para acceder ós contidos almacenados en distintos discos duros, xa que fai doada e rápida a súa conexión.
Dende GeekStuff4U publican un vídeo de exemplo do funcionamento deste dispositivo:

PUBLICIDADE