Un proxecto de micromecenado busca a converxencia entre móbil e ordenador

luns, 22 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Cando dende Canonical anunciaron que con Ubuntu Phone OS pretendían meter o corazón dos ordenadores en teléfonos móbiles quedou claro que sería preciso contar con dispositivos de grande potencia para poder tirar proveito de todo o potencial desta versátil plataforma, e para entrar con bo pé estrean unha campaña de micromecenado moi ambiciosa a través da que esperan xuntar 32 millóns de dólares para poder as primeiras unidades do Ubuntu Edge, un dispositivo de nova xeración que de xeito independente funcionaría como un smartphone con Ubunto móbil e que, ao conectalo a un monitor externo, converteríase nun ordenador completo con Ubuntu.
O Ubuntu Edge contaría con arranque dual (Ubuntu/Android), funcionaría como un Ubuntu de PC no escritorio, contaría cun procesador de varios núcleos, 4 Gb de RAM, 128 Gb de almacenamento interno, pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, LTE dual, Wi-FI N, Bluetooth 4, NFC, GPS, altofalantes estéreo, micrófonos con cancelación de ruído e unhas medidas de 124 x 64 x 9 milímetros, do que poderán encargarse as primeiras unidades por 600 dólares, para pasar logo a venderse por 830 dólares (que con portes sairía nun 654,44 euros), aínda que sendo sempre conscientes de que as especificacións do dispositivo poderán mudar en calquera momento, por corresponder a un proxecto en curso que pretende culminarse en abril de 2014 (aínda que a meirande parte de mecenas non recibirían o seu dispositivo ata maio de 2014, de non producirse ningunha demora).


As posibilidades do software do Ubuntu Edge vistas en vídeo

PUBLICIDADE