Un panel con teclas LCD busca axudar ás retransmisións en directo de videoxogos
venres, 24 de marzo do 2017
Os teclados que integran pequenas pantallas nas súas teclas,
contando asà con interaccións máis completas e en dúas direccións, non son
ningunha novidade, pero o seu prezo é un grande atranco para a súa adopción,
pero dende Elgato consideraron que entre o público gamer poden ter saÃda, e asà presenta o Stream Deck, un panel que
integra 15 teclas LCD e que sairá á venda en maio a un prezo de 149,95 euros.
O Stream Deck busca que os xogadores que están a retransmitir as súas partidas
a través de YouTube e Twitch teñan unha nova ferramenta para relacionarse coa
súa audiencia, xa que as teclas deste panel poden lanzar até 210 accións
evitando a necesidade de memorizar atallos de teclado. Preténdese asà axilizar
a integración de imaxes animadas, vÃdeos e cortes de audio durante as emisións
en directo, contando asà con numerosas opcións personalizables, e podendo
definirse escenarios para ter distintas accións programadas en función dos
mesmos.
O panel mide 118 x 84 x 21 milÃmetros, pesa 190 gramos, conéctase ao ordenador
a través de USB 2.0 e pode funcionar tanto en Windows 10 de 64 bits como en
macOS 10.11 ou superior.
VÃdeo promocional do Stream Deck de Elgato