Un novo disco duro en rede de LaCie inclúe copias de seguridade na nube
venres, 24 de xuño do 2011
O LaCie CloudBox
é un novo disco duro que véndese nunha capacidade de 100 Gb por 209,90 euros, o
que pode parecer un prezo realmente desorbitado, pero resulta que esta unidade
de 117 x 117 x 38 milÃmetros, 400 gramos de peso e conectividade Gigabit
Ethernet non é unha unidade ordinaria, senón que realiza copias de seguridade
automáticas na nube de xeito diario (contando cun servizo de almacenamento
asociado que iguala a súa capacidade fÃsica) de xeito que no caso de roubo,
perda ou danos no disco existirá unha copia dos documentos almacenados, polo
que vén unha garantÃa par ao almacenamento de datos importantes.
O servizo de almacenamento en liña de 100 Gb incluÃdo coa compra do disco ten
unha duración de 1 ano, tras o que deberá renovarse (aÃnda que non comunicaron
o prezo que terÃa o servizo no futuro).
Os datos almacenados no CloudBox están encriptados mediante AES de 128 bits, de
xeito que están protexidos antes da súa copia aos servidores de LaCie, o que
garante a seguridade dos datos, pois nin sequera LaCie poderÃa acceder aos
contidos protexidos.
- Os datos almacenados no LaCie CloudBox cópianse automaticamente na nube