Un monitor de bebés para evitar a mórte súbita do lactante

xoves, 28 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os novos pais normalmente están moi preocupados pola saúde dos seus cativos, e para axudar á súa tranquilidade AngelCare vende un monitor de son que tamén inclúe sensor de movemento, de xeito que avisará no caso de que non se detecte ningún movemento despois de 20 segundos (para evitar o síndrome da morte súbita do lactante). O trebello tamén funciona coma un monitor sonoro habitual, pero permitindo unha tranquilidade adicionais para os pais.
O sensor ten sensibilidade axustable, aliméntase cun transformador e con pilas (de xeito que no caso de ter un corte eléctrico pasa a utilizar as baterías) e se comunica coa unidade remota a través de 2 canles distintas para evitar as interferencias.

PUBLICIDADE