Un libro renderá homenaxe a Alfonso Azpiri e as súas portadas de videoxogos

luns, 7 de outubro do 2024 Marcus Fernández

GTM Ediciones e Plaion España anuncian que o 22 de novembro, coincidindo co lanzamento de The Spectrum, publicarán o libro Más allá del arte de Spectrum, desde Azpiri hasta hoy, que en 132 páxinas a toda cor recolle boa parte das ilustracións de Alfonso Azpiri que servían de portada para os xogos de ZX Spectrum, acompañadas por reinterpretacións deste imaxes por outros artistas que lle renden así homenaxe (como a súa propia filla Lorena). O libro en tapa dura terá un prezo de venda recomendado de 39,99 euros e xa está dispoñible para a súa reserva en tendas en liña como Xtralife, GAME e mesmo Amazon.
As ilustracións de Azpiri conseguiron callar na cultura popular da época dos ordenadores domésticos de 8 bits xa que os videoxogos da época contaban cuns gráficos moi limitados, polo que as súas portadas eran o grande aliciente para a súa compra, plasmando unha cantidade de detallas imposibles de amosar en pantalla, pero que servirían para alimentar a imaxinación dos xogadores. Estamos ante un dos ilustradores españois máis relevantes da época (xunto a Luis Royo), e xa en 2009 puido ver como a súa obra asociada aos xogos de ordenador aparecía recollida no libro Spectrum, El Arte para videojuegos de Azpiri, descatalogado dende hai anos e convertido en toda unha peza de colección.

Lorena Azpiri reinterpreta a portada de Phantis neste novo libro