Un lector de tarxetas SIM permite recuperar mensaxes SMS borradas

mércores, 27 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Os expertos en seguridade informática advirten que cando borramos un ficheiro do noso ordenador normalmente queda un rastro de xeito que se podería recuperar (por motivos de espionaxe) pero agora nos advirten de que algo semellante acontece coas mensaxes SMS que escribimos e recibimos no móbil grazas a un lector de tarxetas SIM que se vende na Internet a 149 dólares (98,98 euros).
O Cell Phone SIM Card Spy é un dispositivo USB no que se introduce unha tarxeta SIM para copiar os contactos telefónicos ó PC, buscar textos borrados, amosar os 10 últimos números marcados, copiar datos dunha tarxeta SIM a outra, editar a información da SIM dende o ordenador, facer copias de seguridade dos datos en tarxetas SIM e mesmo programar a SIM para que sólo permite chamar a números autorizados previamente (ideal para controlar o uso de cativos ou empregados).
Nun principio se entende que este tipo de trebello ten aplicacións moi útiles coma copiar a información da nosa tarxeta SIM a outra cando cambiamos de operadora, pero o uso forense é o máis característico, sendo o único dispositivo no mercado que asegura permitir a recuperación de mensaxes e números telefónicos borrados.
Como exemplo do funcionamento do Cell Phone SIM Card Spy podemos ver o seguinte vídeo:

PUBLICIDADE