Un kit permite que os cativos constrúan o seu propio ordenador con pantalla táctil
xoves, 13 de setembro do 2018
Para axudar a que os principiantes de todas as idades poidan
entender como funcionan os ordenadores dende Kano comercializan uns kits de
montaxe para que asà poidan coñecerse os elementos que conforman un equipo
informático, e o vindeiro 31 de outubro chegará ao mercado o Computer Kit Touch
a un prezo de 299,99 euros, de xeito que poderemos contaremos cos elementos
que permitirán construÃr un equipo con pantalla táctil co que pode crear arte,
música e xogos coas ferramentas subministradas.
Para que un cativo sexa quen de montar o seu propio ordenador con pantalla
táctil contará cunha especie de conto que narrará paso a paso como xuntar os
elementos para montar o seu propio equipo, o que facilita entender o seu
funcionamento. Dende Kano tamén contan cunha plataforma en liña para poder
compartir creacións elaboradas con este tipo de equipos, que actualmente conta
con máis de 660.000 creacións e máis de 57 millóns de liñas de código, que
serven para animar aos cativos a programar.
O equipo montado, que funciona con Kano OS, tamén conta con aplicacións
como YouTube, Google Maps ou a Wikipedia, asà como outras aplicacións de
grande interese para a creación de código, como Hack Minecraft, Make Art, Make
Pong, Terminal Quest e moitas máis.
VÃdeo promocional do Computer Kit Touch de Kano