Un fabricante chinés anuncia un tablet económico con pantalla de 7 polgadas e Android

xoves, 15 de abril do 2010 Marcus Fernández

Aínda que os dispositivos chamados MID levan moito tempo no mercado, e con pouco éxito, a proliferación do Android e o lanzamento do iPad fai que volvan a estar de actualidade, reorientándose os modelos de pantallas de maior tamaños para promocionarse coma tablets, e un destes dispositivos sería o chinés Moonse E-7001, que cunha pantalla multi-táctil de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador a 600 MHz, almacenamento baseado en tarxetas de memoria microSD/T-flash de ata 32 Gb, webcam de 1,3 Mpíxeles, Wi-Fi, soporte 3G (mediante un accesorio USB), batería de 3000 mAh (que achega unha autonomía dunhas 5 horas) e unhas medidas de 237 x 125 x 14,33 milímetros.
O dispositivo sirve tanto para navegar pola web, como para acceder a servizos coma MSN Messenger e Skype, ou para reproducir vídeos de ata 720p. E aínda simplemente pareza un móbil con Android cunha pantalla de maior tamaño, habería que destacar que o seu punto forte é o prezo, dun 131 dólares (96,53 euros).

PUBLICIDADE