Un accesorio dota de control remoto por Wi-Fi ás cámaras GoPro
mércores, 6 de xuño do 2012
As cámaras GoPro están a converterse en todo un estándar
para rexistrar en vÃdeo actividades de tempo libre e deportes de risco, pola
súa versatilidade e calidade, prestacións que van mellorar considerablemente
grazas a un complemento moi atractivo que consiste en dous elementos: o
Wi-Fi BacPac e o mando a distancia Wi-Fi.
O Wi-Fi BacPac dota á cámaras GoPro de conectividade sen fÃos, mentres que o
mando a distancia Wi-Fi de GoPro pode controlar ata 50 cámaras a unha distancia
máxima de 180 metros e é resistente á auga, aÃnda que para facer aÃnda que
tamén será posible manexar as cámaras a través de smartphones e tablets con iOS ou Android.
Esta última
funcionalidade tamén permite que dende os dispositivos móbiles poidamos ver en
directo vÃdeos e fotografÃas das cámaras GoPro, transmitir os seus contidos
para compartilos cos amigos e incluso permitirá a creación de retransmisións en
directo a través da Internet, aÃnda que para todas estas prestacións avanzadas
non están dispoñibles de saÃda, senón
que haberá que agardar a unha actualización do software de GoPro.
Este novo paquete de accesorios está xa dispoñible na páxina web de GoPro por
99,99 dólares (79,98 euros) comezando xa a súa distribución polos 80 paÃses nos
que GoPro ten presenza (e entre os que está España).
Para demostrar as posibilidades do Wi-Fi BacPac e o mando a distancia Wi-Fi dende
GoPro veñen de estrear unha curtametraxe gravada con esta tecnoloxÃa e na
que podemos ver ao patinador Ryan Sheckler amosando a súa destreza polas rúas
de New York: