Un cantonés morre nun ciber tras pasar tres días fronte a un ordenador

luns, 17 de setembro do 2007 Matías Olazabal

Semella incrible pero na cidade de Cantón, morreu un chinés de trinta anos tras pasar tres días completos perante a pantalla dun ordenador dándolle uso ós xogos na Rede. O suceso rexistrouse durante a fin de semana pasada e, segundo informa Beijing News, a morte debeuse a unha afección cardíaca do oriental provocada “polas longas horas pasadas no computador”, cadro que non lle permitiu chegar con vida ao hospital.

Noutra orde de cousas, e segundo o informado polo xornal Lanación.com, a adicción a Internet (ou, mellor dito, a adicción ás cousas que hai en Internet, non á Internet en si mesma) estase a transformar nun verdadeiro problema nese país que ten nada menos que 163 millóns de internautas, e o goberno xa está a tomar as primeiras medidas neste eido coa prohibición da apertura de novos cibers e ca creación de “centros de desintoxicación”.

PUBLICIDADE