Un blog vietnamita amosa o que podería ser un novo smartphone de Motorola

mércores, 13 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O tempo está a demostrar que a compra de Motorola por parte de Google si respondía ao anunciado pola compañía de Mountain View (facerse coas patentes do fabricante como medida preventiva para protexer Android de posibles conflitos) e pouco a pouco Motorola vai abandonando o sector dos móbiles, principalmente dos de gama media e baixa. Aínda que dende a compañía anunciaran que si tiñan pensado lanzar algún terminal de referencia para o mercado, están a facerse esperar, pero os enxeñeiros da compañía podería estar a avanzar por bo camiño, polo que pode desprenderse dun smartphone que amosan en exclusiva nun blog vietnamita, e no que déixase ver a man de Google no deseño.
Aínda non sabemos se o terminal amosado é un produto rematado ou un prototipo, pero en calquera caso indicaría que en Motorola non se dan por vencidos. Este smartphone filtrado presenta unha pantalla de 4,65 polgadas cun marco moi delgado e 720p, 2 Gb de RAM, procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro, gráfica Adreno 320 e batería de 2.200 mAh, pero aínda que pareza un dispositivo máis que aceptable, o redactor que puido tocalo pensa que non estamos ante o móbil estrela que estaría a preparar Motorola segundo os rumores que circulan dende hai meses, que previsiblemente seria un terminal con pantalla Full HD de 5 polgadas para seguir as tendencias do mercado. Ou sexa, que é posible que nos vindeiros meses Motorola volva a ter certa relevancia no mercado dos smartphones, que tiña medio abandonado tras a súa compra por parte de Google.


O móbil filtrado visto en vídeo

PUBLICIDADE